venres, 26 de marzo de 2021
TERCEIROMANÍA (Nº1)
domingo, 21 de marzo de 2021
Gañadores do concurso de relatos " Sentir en Galego"
Despois dunha longa e dura deliberación, por fin, o equipo de Dinamización da Lingua Galega decidiu os gañadores de cada categoría do consurso "Sentir en Galego".
Aquí vos deixamos unhas fotiños dos agasallos e das historias gañadoras.
CATEGORÍA B: 1º e 2º de primaria.
mércores, 3 de marzo de 2021
Así recordamos a Rosalía de Castro no seu día.
luns, 1 de febreiro de 2021
xoves, 28 de xaneiro de 2021
luns, 21 de decembro de 2020
Premios concurso de debuxo "Sentir en Galego"
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos darvos as grazas a todos os nenos e nenas que participastes no concurso.
Todos os debuxos eran xeniais. Fixestes que nos fose moi complicado elixir aos gañadores e gañadoras.
No seguinte vídeo podedes ver aos finalistas e aos gañadores e gañadoras de cada categoría.
Seguide moi atentos ao Blog, porque no segundo trimestre propoñeremos novos concursos.
Agora toca descansar e repoñer forzas.
Bo nadal a todos.
xoves, 26 de novembro de 2020
Concurso "O VELLO DOS CONTOS"
Noraboa ao alumnado de sexto de primaria polo premio conseguido no concurso "O vello dos contos", no que acadaron o primeiro posto co seu Podcast "Sinéqdoque". A continuación deixamos o audio para que o poidades escoitar.
xoves, 5 de novembro de 2020
Así celebramos o Samaín.
Este ano no colexio, non poidemos celebrar o Samaín como nos gustaría, pero queremos mostrarvos o ben que o pasaron os nenos e nenas nas súas casas.
Grazas a todos por participar.
martes, 3 de novembro de 2020
Certame contos do Vákner.
xoves, 29 de outubro de 2020
martes, 27 de outubro de 2020
OCA MATEMÁTICA DO SAMAÍN
Deixamos por aquí unha actividade que nos pareceu moi divertida para realizar en familia e repasar os contidos da área de matemáticas. Existen diferentes taboleiros dependendo do curso.
luns, 26 de outubro de 2020
Recomendacións lectoras para O Samaín
Recomendacións para Educación Infantil.
Recomendacións para 1º e 2º de primaria.
Recomendacións para 3º e 4º de primaria.
Recomendacións para 5º e 6º de primaria
xoves, 22 de outubro de 2020
Concurso "O VELLO DOS CONTOS".
martes, 20 de outubro de 2020
Celebración do SAMAÍN
O vindeiro 30 de outubro celebraremos o Samaín. Podedes participar enviando por correo electrónico, ao voso titor, unha foto co voso disfrace ou facendo algunha actividade con motivo destas datas.
Data límite para enviar as fotos o 28 de outubro.
Por mor do Coronavirus este ano non podedes vir disfrazados ao colexio.
luns, 19 de outubro de 2020
Concurso de debuxo "SENTIR EN GALEGO"
Velaquí as bases do concurso:
sábado, 17 de outubro de 2020
O COMEMEDOS!
Xa ule a castañas, cabazas ...
Chegan as meigas e pantasmas rapaces e rapazas. Non teredes medo?
Con este motivo imos facer a seguinte actividade.
Lede con atención e animádevos a participar.






















