luns, 21 de decembro de 2020

Premios concurso de debuxo "Sentir en Galego"

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos darvos as grazas a todos os nenos e nenas que participastes no concurso. 

Todos os debuxos eran xeniais. Fixestes que nos fose moi complicado elixir aos gañadores e gañadoras.

No seguinte vídeo podedes ver aos finalistas e aos gañadores e gañadoras de cada categoría.

Seguide moi atentos ao Blog, porque no segundo trimestre propoñeremos novos concursos.

Agora toca descansar e repoñer forzas.

Bo nadal a todos.