xoves, 27 de maio de 2021
luns, 3 de maio de 2021
Presentación sobre Xela Arias.
Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos compartir con todos vós unha presentación que creamos sobre a autora homenaxeada este ano polo día Das Letras Galegas.
sábado, 1 de maio de 2021
Os nenos e nenas de 3º salvan o mundo!
O pasado venres 30 de abril, o alumnado de terceiro, viuse involucrado nunha perigosa aventura. Voldemort (o malvado das peñículas de Harry Potter) convertira a todos os Muggles (persoas non máxicas), nunhas criaturas máxicas chamadas Thestrals.
Por iso, o Ministerio de Maxía, convocou aos nosos alumnos e alumnas para ver se eles e elas eran capaces de resolver os diferentes enigmas que os conducirían ao elixir máxico que salvaría a humanidade.
Todo isto foi a introdución dun "Scape Room - Gymcana" de matemáticas. Ademais de repasar todos os contidos traballados ao longo do curso, tamén tiveron que empregar a lóxica e a imaxinación para superar os diferentes enigmas que atoparon. O traballo en equipo tivo moita importancia ao longo da xornada, para poder acadar o obxectivo final.
Podedes ver a continuación a mensaxe que recibiron do Ministerio de Maxía e algunha imaxe das diferentes probas.