sábado, 1 de maio de 2021

Os nenos e nenas de 3º salvan o mundo!

O pasado venres 30 de abril, o alumnado de terceiro, viuse involucrado nunha perigosa aventura. Voldemort (o malvado das peñículas de Harry Potter) convertira a todos os Muggles (persoas non máxicas), nunhas criaturas máxicas chamadas Thestrals.

Por iso, o Ministerio de Maxía, convocou aos nosos alumnos e alumnas para ver se eles e elas eran capaces de resolver os diferentes enigmas que os conducirían ao elixir máxico que salvaría a humanidade.

Todo isto foi a introdución dun "Scape Room - Gymcana" de matemáticas. Ademais de repasar todos os contidos traballados ao longo do curso, tamén tiveron que empregar a lóxica e a imaxinación para superar os diferentes enigmas que atoparon.  O traballo en equipo tivo moita importancia ao longo da xornada, para poder acadar o obxectivo final.

Podedes ver a continuación a mensaxe que recibiron do Ministerio de Maxía e algunha imaxe das diferentes probas.

SCAPEROOM - GYMCANA HARRY POTTER de César Cole

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.