FILME
Contacontos
no Fabiola
Este ano por mor da Covid-19, tal e como se establece no
protocolo, @s nen@s non poden intercambiar aulas por iso decidimos facelo @s
mestr@s.
Velaquí o noso proxecto.
A ORIXE DO SAMAÍN
O Samaín, é a festividade de
orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa antes da
chegada do cristianismo, na que na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro
servía como celebración da fin da tempada das colleitas . Era considerada como
o “ano
novo Celta”, que comezaba coa estación escura. É por tanto unha
festa de transición (paso dun ano a outro) como de apertura a outro mundo.
A súa etimoloxía é de orixe gaélica e significa “fin de verán”.
Sábese que as festividades do Samaín celebrábanse moi
posiblemente entre o 5 de novembro e o 7 do mesmo mes (á metade do equinoccio
de outono e o solsticio de inverno) cunha serie de festividades que duraban
unha semana, e finalizando coa festa dos “espíritos” e con iso
iniciábase o ano novo celta.
Esta festa dos “espíritos” era unha das
festas principais pois celebraban o que para os cristiáns sería “o ceo e a
terra” (conceptos que chegaron co cristianismo). Para eles o
lugar dos espíritos, era un lugar de felicidade perfecta na que non había fame
nin dor.
Os celtas celebraban esta festa con ritos nos cales, os
sacerdotes druídas servindo como “
médium “, comunicábanse cos seus devanceiros esperando ser guiados nesta vida
cara o inmortal.
Dise que os “espíritos” dos devanceiros viñan nesa data visitar os seus antigos fogares.