martes, 26 de outubro de 2021

Samaín 2021

 

A ORIXE DO SAMAÍN


Samaín, é a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa antes da chegada do cristianismo, na que na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada das colleitas . Era considerada como o “ano novo Celta”, que comezaba coa estación escura. É por tanto unha festa de transición (paso dun ano a outro) como de apertura a outro mundo.

 

A súa etimoloxía é de orixe gaélica e significa “fin de verán”.

 

Sábese que as festividades do Samaín celebrábanse moi posiblemente entre o 5 de novembro e o 7 do mesmo mes (á metade do equinoccio de outono e o solsticio de inverno) cunha serie de festividades que duraban unha semana, e finalizando coa festa dos “espíritos” e con iso iniciábase o ano novo celta.

 

Esta festa dos “espíritos” era unha das festas principais pois celebraban o que para os cristiáns sería “o ceo e a terra” (conceptos que chegaron co cristianismo). Para eles o lugar dos espíritos, era un lugar de felicidade perfecta na que non había fame nin dor.

 

Os celtas celebraban esta festa con ritos nos cales, os sacerdotes druídas  servindo como “ médium “, comunicábanse cos seus devanceiros esperando ser guiados nesta vida cara o inmortal.

Dise que os “espíritos” dos devanceiros viñan nesa data  visitar os seus antigos fogares.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.