xoves, 22 de outubro de 2020

Concurso "O VELLO DOS CONTOS".

Arraianos Producións, o IES Rosalía de Castro e Ponte nas Ondas convocan os II Premios de Podcast O Vello dos Contos, coa colaboración de numerosos colectivos e institucións, para promover a lingua e a cultura galega e portuguesa nos centros educativos e lembrar a Xosé Mosquera Pérez, quen foi a primeira estrela mediática do noso páis e un dos pioneiros da radio en Galicia.
Este certame internacional de podcast busca fomentar unha imaxe positiva e actual da lingua mediante a vinculación coas tecnoloxías da inofrmación e da comunicación, favorecer o uso da lingua entre a mocidade en ámbitos asociados á oralidade, incentivar a produción e difusión de material audiovisual en galego e portugués e afortalar os vencellos coa lusofofonía e mostrarlle á mocidade a importancia destes.
Podedes ver as bases do concurso no seguinte enlace: Bases en Galego
Deixamos tamén enlace directo á web da organización: O vello dos contos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.