martes, 3 de novembro de 2020

Certame contos do Vákner.

O Concello de Dumbría patrocina a primeira edición do certame de contos de terror cuxo protagonista será o Vákner.
Este certame vai dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria dos concellos polos que discorre o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
Coincidindo coa celebración do Samaín e ás portas do Xacobeo2021, La Voz de Galicia e Radio Voz impulsan este certame, que acollerá contos dun máximo de 1.500 caracteres.
Certame promovido coa colaboración dos concellos do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía: Ames, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Negreira, Santa Comba e Santiago de Compostela.


Para ver as bases do concurso fai clic aquí.

Cantiga de Luar na Lubre:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.