xoves, 16 de maio de 2024
martes, 23 de abril de 2024
xoves, 7 de marzo de 2024
venres, 23 de febreiro de 2024
xoves, 15 de febreiro de 2024
luns, 6 de novembro de 2023
luns, 30 de outubro de 2023
luns, 22 de maio de 2023
Traballos premiados do III Concurso de poesía e narrativa " Sentir en Galego"
Velaquí tedes os traballos premiados no III Concurso de Narrativa e Poesía " Sentir en Galego", que por tercerio ano consecutivo oganizamos dende o Equipo de Dinamización da Lingua do CEIP Raíña Fabiola.
luns, 15 de maio de 2023
Día das Letras Galegas 2023
III Concurso de narrativa " Sentir en Galego" 2023
Premios do III Concurso de narrativa " Sentir en Galego" 2023.
Un ano máis dende dinamización da Lingua galega, organizamos no Ceip Raíña Fabiola un concurso de narrativa e co gallo da celebración das Letras Galegas, que terá lugar o vindeiro día 17 de maio aproveitamos para facer a entrega dos premios ao alumnado gañador.
Podedes ver unha pequena mostra dos agasallos que recibiron.
Agradecemos a vosa participación.
mércores, 1 de marzo de 2023
Día de Rosalía
O alumnado de 3º de Educación Primaria fai este pequeno traballo para celebrar o Día de Rosalía.
luns, 30 de xaneiro de 2023
xoves, 12 de xaneiro de 2023
venres, 16 de decembro de 2022
venres, 11 de novembro de 2022
mércores, 9 de novembro de 2022
Día do Peón
Banda Ourensóns
Ven comigo “pra” rúa xogar coa bóla,ti me tiras punteirazos, eu che fago un paradón.
Tamén podemos, se queres, probar coa chave,
dálle ás aspas co peso, ponlle toda a túa atención.
E non deixes de xirar,
e non deixes de xirar.
Fago o camiño, como o trompo en San Martiño,
fago o camiño, e non deixo de xirar. (bis)
Trouxen hoxe dous paus para divertirnos;
lanza ao aire a billarda dálle forte co palán.
Máis tarde poderiamos marchar coas bicis;
temos camiño dabondo e diante todo o serán.
E non deixes de xirar,
e non deixes de xirar.
Fago o camiño, como o trompo en San Martiño,
fago o camiño e non deixo de xirar. (bis)
xoves, 27 de outubro de 2022
mércores, 8 de xuño de 2022
CONCURSO " O vello dos contos"
Noraboa ao alumnado de cuarto curso de primaria polo premio acadado na IV Edición do concurso de podcast en Galego e Portugués Xosé Mosquera Pérez.
Velaquí tedes a mostra...
mércores, 4 de maio de 2022
Día das letras galegas
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
Con motivo da celebración das Letras Galegas, preparamos esta presentación sobre o autor.
FLORENCIO
luns, 25 de abril de 2022
Gañadores do II Concurso de narrativa e poesía " Sentir en Galego 2022"
Premio para o alumnado de Educación Infantil.
A aula de Educación Infantil de 4 anos foi agasallada cun libro e un diploma.
venres, 1 de abril de 2022
María Canosa visita o Ceip Raíña Fabiola
María Canosa visita o colexio Raíña Fabiola
Hoxe o alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria tivo o pracer de compartir un anaquiño do seu tempo coa escritora María Canosa.
martes, 29 de marzo de 2022
Ledicia Costas visita o colexio Raíña Fabiola
Ledicia Costas visita o colexio Raíña Fabiola.
A escritora viguesa estivo no noso centro educativo co alumnado compartindo un anaquiño do seu tempo connosco.
Foi unha marabillosa experiencia e os nenos/as aprenderon moito!
xoves, 17 de marzo de 2022
xoves, 24 de febreiro de 2022
O entroido
O entroido é unha festividade galega con anos de tradición, que se vive con especial énfase en lugares como: Verín, Laza, Xinzo, Viana do Bolo... Os personaxes protagonistas varían en función do lugar. No cole, traballamos todas estas variantes, tal e como poderedes ver no seguinte vídeo.
mércores, 23 de febreiro de 2022
Cando naceu Rosalía?
A biografía de Rosalía vai mudar a partir de agora. Rosalía naceu o 23 de febreiro de 1837 e non o 24. Apareceu unha documentación que así o demostra. Foi atopada pola investigadora galega Sagrario Abelleira no Arquivo Histórico Diocesano de Madrid. Este achádego proporciona unha valiosa información da vida da autora e dentro desta, a data exacta na que naceu a poeta.